“FÍXOSE O GASTO DE INSTALACIÓN DAS FAROLAS PERO AGORA NON DAN SERVIZO POLA FALTA DE XESTIÓN” DIXO RUBÉN ARROXO

O BNG-AA propón que se poña a funcionar a iluminación do paseo do Rato na zona de Paradai

IMG_2174

Arroxo apuntou “estase pedindo a instalación de iluminación en todo o paseo do Rato e onde hai a instalación feita non se pon a funcionar”

O BNG-AA propón que se poña a funcionar a iluminación do paseo do Rato na zona de Paradai

Lugo, 6 de febreiro 2016. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, trasladará unha petición para que se poña a funcionar o alumeado público do paseo do Rato na zona de Paradai. Arroxo indicou que a zona que carece de iluminación está situada nas inmediacións dos hortos urbanos da parte alta do Rato “a pesares de que hai farolas e luminarias instaladas e conectadas á rede dende hai moito tempo”. “Fíxose o gasto de instalación das farolas pero agora non dan servizo pola falta de xestión” dixo Rubén Arroxo.

 

Nesta zona existen vivendas nas inmediacións e sería unha zona moi utilizada durante as épocas de inverno nas que os días contan con poucas horas de luz. Para as veciñas e veciños que trasladaron esta cuestión ao BNG-AA “non é entendible que non se dea unha solución para que as luminarias instaladas comencen a funcionar despois de tanto tempo”. Tamén piden a posta en marcha desta iluminación algunhas persoas usuarias dos hortos situados na zona.

 

Rubén Arroxo “estase pedindo a instalación de iluminación en todo o paseo do Rato e onde hai a instalación feita non se pon a funcionar”.  Para o BNG – AA os investimentos públicos teñen que dar servizo ás persoas e non serivir unicamente para derivar cartos das institucións ás empresas que fan as obras de instalación “dende os gobernos existe a responsabilidade de finalizar e poñer a funcionar todo aquelo que se fai con fondos públicos” concluíu Arroxo.

O BNG-AA propón que se poña a funcionar a iluminación do paseo do Rato na zona de Paradai