RUBÉN ARROXO LEMBROU QUE “NESTE CONCELLO XA SE APROBOU UNHA MOCIÓN DO BNG EN XUÑO DE 2009 PARA POÑER EN MARCHA OS ITINERARIOS ESCOLARES PERO O PSOE NUNCA FIXO NADA”

O BNG-AA propón sumar ao plan de control de pasos de peóns a creación de itinerarios escolares

IMG_0539

“Na primavera deberíase poñer en marcha un destes itinerarios nalgún centro da cidade para que no vindeiro curso se poida extender a iniciativa a máis centros” dixo Arroxo

O BNG-AA propón sumar ao plan de control de pasos de peóns a creación de itinerarios escolares

Lugo, 25 de xaneiro 2017. O voceiro do BNG-AA , Rubén Arroxo sumouse á proposta feita pola FAPACEL e propuxo que a creación de itinerarios escolares se sume ás accións que leve a cabo o concello para disminuir o risco de atropelos na cidade. Rubén Arroxo lembrou que “neste concello xa se aprobou, por unanimidade, unha moción do BNG en xuño de 2009 para poñer en marcha os itinerarios escolares pero o PSOE nunca fixo nada”. Ademais o voceiro nacionalista propuxo que se na primavera se poña en marcha un destes itinerarios nalgún centro da cidade para que no vindeiro curso se poida extender a iniciativa a máis centros.

Os Itinerarios Escolares Seguros xa están a funcionar noutras cidades, como é o caso de Pontevedra, e teñen como obxectivo o agrupamento de persoas da comunidade escolar á hora de transitar, a pé, cara os centros escolares. Estes itinerarios terían un ou varios trazados asignados a cada centro educativo e poríase en marcha en colaboración cos propios centros, as familias e coa participación voluntaria dos comerciantes da zona.

Segundo explicou Rubén Arroxo “a creación destes itinerarios suporía a colocación e sinalización pertinente do camiño a seguir así como dos puntos de encontro dos nenos/as e familiares para realizar xuntos/as o itinerario diario ao centro dun xeito máis seguro”. Os nenos e nenas estarían acompañados por persoas que, implicadas na implantación dos itinerarios, contribuísen a facer máis seguro o transito dos escolares, sobre todo nos cruces e interseccións.

O BNG – Asambleas Abertas aposta pola implantación dos Itinerarios Escolares como un xeito máis de “camiñar cara unha cidade máis humanizada, para as persoas”. Na posta en marcha destes itinerarios estarían implicados os propios centros escolares, as anpas e o goberno municipal. A creación de itinerarios escolares foi unha proposta levada a pleno polo BNG o 29 de xuño de 2009 e aprobada por tódalas forzas políticas. No momento da elaboración da Ordenanza Municipal de Circulación o BNG tamén incluíu, entre as súas alegacións, que se crease un apartado adicado a regular o funcionamento destes Itinerarios Escolares.

O BNG-AA propón sumar ao plan de control de pasos de peóns a creación de itinerarios escolares