O BNG-AA PROPUXO FAI UNHAS SEMANAS A POSTA EN MARCHA DUN PLAN DE CONTROL DE PASOS DE PEÓNS SIMILAR AO QUE FUNCIONA EN LEÓN PARA CONCIENCIAR E PREVIR OS ATROPELOS

O BNG-AA valora positivamente o plan de control de aparcamento pero lamenta que non se faga nada cos atropelos

Rubén Arroxo sinalou que “segundo a información da que dispoñemos van 7 atropelos graves na cidade no que vai de ano e unha morte e isto debería preocupar ao goberno”

O BNG-AA valora positivamente o plan de control de aparcamento pero lamenta que non se faga nada cos atropelos
Lugo, 9 de febreiro 2017. O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, lamentou que no anuncio feito pola acaldesa sobre as medidas que se van a tomar a respecto do control do tráfico e dos estacionamentos “non se tivese en conta ningunha medida para previr os atropelos que no que vai da ano mantemos unha media de máis de 1 atropelo por semana”. Ademais, Arroxo sinalou que “parece que hai máis preocupación polas cagadas dos cans, que certamente é un problema na cidade, que por evitar atropelos que, neste ano, xa deron unha vítima mortal”. Dende o BNG-AA agárdase que “este anuncio se efectivice e non suceda o mesmo que co anuncio de limitación a 30 na ronda da muralla que quedou neso, nun anuncio”.

Rubén Arroxo sinalou que “segundo a información da que dispoñemos van 7 atropelos graves na cidade no que vai de ano e unha morte e isto debería preocupar ao goberno”. A última vítima foi un ciclista que foi arrollado por un coche sen carnet na rúa Illas Canaria, “aínda que tecnicamente non é un atropelo si que hai un ciclista afectado pola fatalidade e a falta de vixiancia e adopción de medidas de regulación do tráfico”. Ademais, informou Arroxo, que no mes de xaneiro producironse un total de 5 atropelos na cidade e xa van 2 neste mes febreiro.

Arroxo lembrou que segundo os datos recollidos no informe emitido pola Policía Local o número do atropelos no ano 2011 foi de 56 dos cales 27 foron no pasos de peóns, no ano 2012 foi de 50 dos cales 24 foron no pasos de peóns, no ano 2013 foi de 58 dos cales 41 foron no pasos de peóns, no ano 2014 foi de 61 dos cales 42 foron no pasos de peóns, no ano 2015 foi de 57 dos cales 31 foron no pasos de peóns, no ano 2016 foi de 61 dos cales 24 foron no pasos de peóns. No informe da Policía Local solamente se reflicten dous atropelos mortais, ámbolos dous en pasos de peóns, nos anos 2012 e 2016.  Arroxo sinalou que en Lugo houbo 343 atropelos dende o 2011ata finais de 2016 e, destes atropelos, 189 foron en pasos de peóns o que supón máis da metade.

Plan de control proposto polo BNG

O voceiro nacionalista lembrou, tamén, que fai unha semanas se lle presentou ao goberno municipal unha proposta para poñer en marcha un plan de control semanal de pasos de peóns. “Este tipo de iniciativas xa se ten experimentado noutros concellos do estado e debe ter como obxectivo a información e non a sanción” dixo Rubén Arroxo. Para a execución deste plan de control semanal de pasos de peóns o goberno municipal deberá poñer en marcha un operativo, contando coa policía local e a axencia de mobilidade, no que se seleccionen dez pasos de peóns conflitivos cada semana e establecer os controis informativos pola mañá e pola tarde.