A brigada de obras realizou intervencións en máis de 20 rúas da cidade nas últimas semanas

Alexandre Penas: “debemos destacar a labor que realiza a brigada, que permite facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloran a calidade de vida das veciñas e veciños”

A maior parte das actuacións chegan mediante avisos veciñais, por parte do 010

A brigada de obras realizou intervencións en máis de 20 rúas da cidade nas últimas semanas

Lugo, 22 de xaneiro de 2020. O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, deu conta no día de hoxe das actuacións realizadas pola brigada de obras nas últimas semanas. A brigada está formada por 7 persoas que, segundo Alexandre Penas, “están a traballar na reparación das distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade”.  “Nos últimos meses traballamos en recuperar un servizo público que se fora degradando”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “nos últimos meses a brigada pasou de ter 2 a 7 traballadores, e continuamos a traballar en aumentar os recursos para dar un servizo eficaz e de calidade ás veciñas e veciños de Lugo”.

 

Baldosas, tapas de rexistro e fochancas foron as actuacións que a brigada acometeu nas rúas Río Sil, Ronda da Muralla, Yañez Rebolo, San Marcos, Tui, Sargadelos, Peña Anda, Lorenzo Varela, María Castaña, Avenida dos Deportes, Rúa Nova, Ramón Ferreiro, rúa Chantada, ademais de varias rúas dos poligonos do Ceao e as Gándaras. Segundo indicou Alexandre Penas, moitas destas incidencias chegan ao concello por parte da veciñanza mediante o teléfono 010.

 

Coa brigada, o concello de Lugo e a Área de Infraestruturas traballan para garantir as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza. “Debemos destacar a labor que realiza a brigada de obras, que permite facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloran a calidade de vida das veciñas e veciños”.