PODERÁN BAIXAR MULLERES QUE SE SINTAN ACOSADAS PARA DEIXALAS PRETO DAS SÚAS CASAS

Os buses nocturnos do San Froilán contarán con “paradas a demanda”

A iniciativa pretende contribuír a acadar un San Froilán libre de machismo

Os buses nocturnos do San Froilán contarán con “paradas a demanda”

Lugo, 16 de setembro de 2019. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que durante o San Froilán, o servizo de bus urbano contará con “paradas a demanda” co obxectivo de mellorar a seguridade das usuarias que vaian soas. “Esta é unha medida solicitada por colectivos feministas e cremos que axudará a que as mulleres poidamos movernos máis seguras durante as festas”, indicou Maite Ferreiro.

Ferreiro indicou que “durante as festas, entre paradas, poderán baixar mulleres que se sintan acosadas ou crean que existe algún perigo para a súa persoa, para deixalas preto das súas casas sen que iso signifique un desvío da ruta”.

A iniciativa pretende contribuír a acadar un San Froilán libre de machismo no que se pide non invadir o espazo de ninguén sen o seu consentimento, lembrando que o alcohol non xustifica as condutas de abuso e que os piropos e os chistes homófobos, misóxinos, tránsfobos e lesbófos son intolerantes e, tamén, contra comentarios e tocamentos nin calquera outro comportamento machista.