PARA O BNG “É PRECISO QUE FONSAGRADA RECUPERE O PAPEL REFERENTE NA COMARCA, SE CONVERTA EN MOTOR ECONÓMICO E CON ATRACTIVOS PARA QUE A XENTE NOVA SE QUEDE A VIVIR AQUÍ”

A candidata do BNG á alcaldía de Fonsagrada será  Xosefa Ortiz de Galisteo “Nenoso”

Nenoso1

“Imos desenvolver todos recursos que o noso concello posúe e transformalos nun modelo de vida que ilusione” dixo a candidata do BNG

A candidata do BNG á alcaldía de Fonsagrada será  Xosefa Ortiz de Galisteo “Nenoso”

Fonsagrada, 22 de marzo de 2019.  O BNG presentou á candidata á alcaldía da Fonsagrada para as eleccións municipais de maio. A candidata será Xosefa Ortíz de Galisteo, coñecida como Nenoso, que manifestou “somos conscientes dos potenciais que temos e queremos explotalos para formar entre todos e todas unha Fonsagrada viva”. As propostas do BNG irán encamiñadas á “construción dun modelo económico no noso municipio,  sostible, e con futuro  que xere emprego de calidade e contar cos servizos necesarios tanto na vila como nas parroquias”.

 

A candidata do BNG afirmou “precisamos dun proxecto onde a cabeza e o corazón estean nos veciños e veciñas da Fonsagrada, onde saiamos do abandono do rural”. O BNG da Fonsagrada propón un proxecto que recupere a ilusión dos veciños e veciñas e que rompa coas desfeitas do goberno socialista  que durante os últimos 15 anos non recolleu todas as necesidades reais da veciñanza.

 

Nenoso lembrou que “o BNG ten unha proposta que demostra, ano tras ano, e ten como aval os concellos onde goberna, e é a chave da transformación real para construír concellos onde o benestar dos veciños e veciñas é o eixo fundamental”. A candidatura do BNG ten como obxectivo desenvolver os recursos que o concello da Fonsagrada posúe e transformalos nun modelo de vida que ilusione e satisfaga as necesidades da veciñanza, para agora e o futuro,.

A candidata do BNG á alcaldía de Fonsagrada será  Xosefa Ortiz de Galisteo “Nenoso”