O ciclo Lugo é Danza continúa co obradoiro Movemento e Equilibrio en Familia

O obradoiro terá lugar o vindeiro 6 de febreiro na Caixa Negra do MIHL a partir das 18:30 horas

O obradoiro supón a antesala do espectáculo UP2DOWN, que Traspediante desenvolverá no MIHL o venres 7

O ciclo Lugo é Danza continúa co obradoiro Movemento e Equilibrio en Familia

Lugo, 02 de febreiro de 2020. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou o obradoiro Movemento e Equilibrio en Familia, que impartirá a compañía Traspediante o vindeiro 6 de febreiro, ás 18:30 horas, na Caixa Negra do MIHL, dentro do ciclo Lugo é Danza.

“Trátase dunha actividade para ás familias con nenas e nenos entre 6 e 9 anos na que descubrirán a experimentación do circo e a danza co corpo”, indicou Maite Ferreiro, que engadiu “as nais, pais e nenas e nenos descubrirán os movementos da danza coa parte emocional e sensitiva da vista, ouvido e da memoria muscular”.

Movemento e Equilibrio en Familia supón a antesala a UP2DOWN, espectáculo que Traspediante desenvolverá no MIHL o venres 7. Movemento e Equilibrio en Familia ten un aforo limitado a 15 nenos e nenas máis dúas persoas acompañantes por cada un. As inscricións realizaranse chamando ao teléfono 010.