PARA O BNG O CONCELLO DEBERÍA TER UNHA ESPECIAL ATENCIÓN A ESTA ZONA PARA QUE SE CONVERTA NUN VERDADEIRO ATRACTIVO TURÍSTICO

“Coches e area invaden o tramo do Carril dos Fornos recentemente arranxado na Tinería” dixo Rubén Arroxo

“Ediles do PSOE correron a facer a foto durante as obras pero non volveron por alí a ver cal foi o resultado e a veciñanza está indignada” asegurou o voceiro do BNG

“Coches e area invaden o tramo do Carril dos Fornos recentemente arranxado na Tinería” dixo Rubén Arroxo

Lugo, 21 de maio de 2018. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, denunciou o estado da obra recentemente inaugurada polo goberno municipal no Carril dos Fornos (barrio da Tinería). “Mantense aberto o paso de vehículos que permite que estacionen na zona de xeito completamente irregular e a area invade o adoquinado polo arrastre da choiva e da circulación de vehículos” explicou o voceiro do BNG – AA no concello de Lugo. “Ediles do PSOE correron a facer a foto durante as obras pero non volveron por alí a ver cal foi o resultado e a veciñanza está indignada” asegurou o voceiro do BNG.

No mes de marzo deste ano 2018 executaronse as obras de pavimentación dunha parte do Carril dos Fornos, no barrio da Tinería, que estaba en terra. Esta actuación contou con finanzamento do Ministerio de Fomento que aportou o 30 % do importe da obra. Neste momento a area procedente do tramo do Carril dos Fornos que se atopa se pavimentar invade a parte adoquinada e esto provoca as queixas de veciñas e transeuntes. Para o BNG o concello debería ter unha especial atención a esta zona para que se converta nun verdadeiro atractivo turístico.

A respecto dos vehículos estacionados nesta zona do Carril dos Fornos Arroxo dixo “algúns deles levan moito tempo alí estacionados sen que ninguén faga nada e outros utilizan este espazo como aparcadoiro cando se trata dunha zona peonil en pleno casco histórico” e indicou “constanos que o goberno municipal xa recibiu queixas por diferentes vías pero os coches seguen accedendo e estacionando nesta zona do casco histórico”.