DESTÍNANSE A ESTAS SUBVENCIÓNS UN TOTAL DE 14.900 EUROS

Comeza o prazo para solicitar as subvencións para actividades culturais

A figura da muller e o uso do galego son criterios a valorar para a concesión das subvencións
Comeza o prazo para solicitar as subvencións para actividades culturais

Lugo, 14 de setembro de 2019. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que desde hoxe se poden solicitar as subvencións ás asociacións culturais e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade no eido da cultura. Un total de 14.900€ que se destinarán a colectivos constituídos e domiciliados no concello de Lugo.

 

Entre os criterios par a obtención  das axudas teranse en conta as actividades que non utilicen a muller como reclamo ou denigren a súa imaxe, que a entidade conte cunha vogalía ou departamento de muller ou igualdade, ou que a composición da directiva conte cun 50% de mulleres, ademais do uso do galego na programación da actividade. Ademais, valorarase o uso e a difusión do galego na actividade e a difusión dos valores culturais galegos e lucenses.

 

As asociacións que o desexen, poden presentar a documentación requirida nos seguintes 15 días no rexistro do Concello de Lugo.