A Concellería de Educación abre o prazo para a inscrición nos comedores escolares

Felipe Rivas: “a prestación do servizo realizarase sempre seguindo as indicacións das autoridades sanitarias”

O prazo estará aberto até o 31 de xullo

A Concellería de Educación abre o prazo para a inscrición nos comedores escolares

Lugo, 14 de xuño de 2020. O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a apertura do prazo de inscrición nos comedores escolares entre o 15 de xuño e o 31 de xullo. Segundo Felipe Rivas, “este ano, como novidade, ampliamos o servizo de madrugadores e madrugadoras a todos os centros”. O edil de Educación informou de que “se están a realizar protocolos de actuación seguindo as últimas indicacións das autoridades sanitarias, que serán dinámicos e estarán sempre acorde ás últimas indicacións emitidas”.

O edil de Educación indicou que “debido á redución de aforo, realizarase un baremo para outorgar as prazas tendo en conta como criterio principal as posibilidades de conciliación das familias”. Segundo Felipe Rivas, “as familias que non accedan a unha praza na primeira adxudicación, manteranse en lista de agarda para un posible aumento de aforo no caso de que o permitan as autoridades sanitarias”.

Felipe Rivas informou que “os prezos seguirán sendo os mesmos que no último curso escolar, e para solicitar unha praza deberá cubrirse a solicitude que se atopa na páxina web do concello, e entregalo mediante o rexistro telemático ou de maneira presencial, solicitando cita previa no 010”.

A Concellería de Educación abre o prazo para a inscrición nos comedores escolares