FELIPE RIVAS ANUNCIOU O COMPROMISO PARA MELLORAR A ZONIFICACIÓN ESCOLAR ACTUAL

A concellería de Educación e Difusión do Coñecemento convoca, por primeira vez neste mandato, o Consello Escolar Municipal

A Concellería de Educación aumentará o orzamento en mantemento para os centros escolares

A concellería de Educación e Difusión do Coñecemento convoca, por primeira vez neste mandato, o Consello Escolar Municipal

Lugo, 18 de novembro de 2019. O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou no día de hoxe a convocatoria, por primeira vez neste mandato, do Consello Escolar Municipal, “o órgano no que se integran os sectores sociais implicados na educación”.

Na xuntanza, que terá lugar o vindeiro mércores, Felipe Rivas trasladará ás persoas asistentes os plans de actuación a desenvolver dende a Concellería de Educación. Rivas anunciou que unha desas liñas inclúe o aumento da inversión, para os orzamentos de 2020, das partidas destinadas ao mantemento dos centros educativos, “o que nos permitirá mellorar a axilidade e a atención das incidencias”, segundo indicou o concelleiro nacionalista.

A zonificación escolar será outro dos temas a tratar. Felipe Rivas indicou que “dende o Concello comprometémonos a colaborar cos centros de cara a conseguir, por parte da Xunta de Galiza, unha mellora na actual situación”.

A concellería de Educación e Difusión do Coñecemento convoca, por primeira vez neste mandato, o Consello Escolar Municipal