PODERANSE PRESENTAR TRABALLOS ATÉ O 20 DE DECEMBRO

A Concellería de Educación pon en marcha o XXV Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo

Poderanse presentar rapazas e rapaces de 12 a 18 anos de calquera centro educativo de Lugo

A Concellería de Educación pon en marcha o XXV Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo

Lugo, 21 de novembro de 2019. Felipe Rivas, edil de Educación e Difusión do Coñecemento anunciou a posta en marcha do XXV Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo, no que poderán participar todas as rapazas e rapaces de 12 a 18 anos dos centros de ensino de Lugo.

Cada persoa poderá presentar un máximo de tres relatos, que terán unha extensión máxima de 10 páxinas escritas a unha soa cara. O Certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, que terán tres premios cada unha. Cada unha das gañadoras recibirá un diploma e un lote de libros, e a maiores repartiranse premios de distintos valores segundo as categorías. Se ademais dos traballos premiados houbese, a xuízo do xurado, outras obras merecedoras de recoñecemento, poderanse outorgar mencións honoríficas.