RUBÉN ARROXO: “ESTAMOS TRABALLANDO PARA ACTIVAR OS BARRIOS CON ACTUACIÓNS DEMANDADAS POLA VECIÑANZA”

A concellería de Infraestruturas acondiciona varias rúas dos barrios da cidade

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron os acondicionamentos realizados nos barrios de Albeiros e Abella 
A concellería de Infraestruturas acondiciona varias rúas dos barrios da cidade
Lugo, 17 de novembro de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron a rúa do Vento e a rúa Lumbrigante, onde durante os últimos días se realizaron traballos de acondicionamento. “Estamos traballando para activar os barrios con actuacións demandadas pola veciñanza” sinalou Rubén Arroxo. Pola súa banda, o edil responsábel de infraestruturas, Alexandre Penas sinalou “estamos actuando en zonas nas que foi moitos anos que non se fan intervencións para mellorar a calidade de vida e as veciñas e veciños agradecen moito que dende o concello se lles teña en conta”.
O acondicionamento da rúa do Vento, no barrio de Albeiros, consistiu na limpeza das marxes e pavimentación con aglomerado en quente, investíndose un total de 8.451,10€, mentres que na rúa Lumbrigante, do barrio da Abella, levouse a cabo a limpeza de marxes, pavimentación con aglomerado en quente e a adaptación das tapas de rexistro por 13.781,90€. Ambas rúas quedan pendentes do pintado das marcas viais, que está incluído no orzamento de cada actuación.
A concellería de Infraestruturas acondiciona varias rúas dos barrios da cidade