ALEXANDRE PENAS: “VÉN DE ADXUDICARSE A ACTUACIÓN NAS LUMINARIAS DE CONDE PALLARES, RÚA DA CRUZ, GUSTAVO FREIRE E DOUTOR CASTRO”

A concellería de Infraestruturas continúa co plan de renovación de iluminación do centro da cidade

Cambiaranse as actuais luminarias por LED, que aportarán unha mellora na visibilidade e un aforro enerxético mantendo a estética da instalación

A concellería de Infraestruturas continúa co plan de renovación de iluminación do centro da cidade

Lugo, 21 de agosto de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou adxudicación da segunda fase do plan de renovación do alumeado público no centro da cidade. Segundo declarou Alexandre Penas, “os traballos de renovación continuarán coas rúas Conde Pallares, Cruz, Gustavo Freire e Doutor Castro”.

 “A nova iluminación mellorará as actuais luminarias, xa que se instalarán LEDs, que reducirán o consumo enerxético, mantendo a estrutura, a estética, e a temperatura luminosa da instalación actual”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “temos como obxectivo con esta actuación aumentar a visibilidade doentorno, mellorando ao mesmo tempo a seguridade da veciñanza da contorna”.

A concellería de infraestruturas investirá 10.668,48€ nesta fase quee, segundo indicou Alexandre Penas “suporá un aforro en consumo enerxético de máis de 100 W por luminaria, e mudaranse un total de 40”. O edil de Infraestruturas explicou que “esta é unha das actuacións que temos planificadas para mellorar os barrios da cidade e avanzar de cara a reducir o consumo enerxético e camiñar cara a unha cidade máis respectuosa co medio ambiente”.

Alexandre Penas informou do próximo inicio dos traballos na primeira fase deste plan, que terá lugar na praza de Armanyá, no carril das Estantigas e na rúa Nova.

A concellería de Infraestruturas continúa co plan de renovación de iluminación do centro da cidade