A concellería de Infraestruturas renova a iluminación do centro da cidade

Alexandre Penas
Alexandre Penas

Alexandre Penas: “agora están a renovarse as luminarias da rúa Nova, Armanyá e Carril das Estantigas”

Cambiaranse as actuais luminarias por LED, que aportarán unha mellora na visibilidade e un aforro enerxético mantendo a estética da instalación

A concellería de Infraestruturas renova a iluminación do centro da cidade

Lugo, 09 de maio de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou á veciñanza, polas posibles molestias e para que se tomen as precaucións necesarias, do próximo inicio dos traballos de renovación das luminarias do centro da cidade. Segundo declarou Alexandre Penas, “nesta primeira fase estamos a renovar a rúa Nova, Armanyá e o Carril das Estantigas, mais estamos traballando na renovación total da iluminación do centro da cidade”.

 “A nova iluminación mellorará as actuais luminarias, xa que contarán coa tecnoloxía LED, que reducirá o consumo enerxético, mais manterase a estrutura e a estética da instalación actual”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “temos como obxectivo con esta actuación aumentar a visibilidade do entorno, mellorando ao mesmo tempo a seguridade da veciñanza da contorna”.

A concellería de infraestruturas investirá 12.678,44€ nesta actuación quee, segundo indicou Alexandre Penas “suporá un aforro en consumo enerxético de 4.024 kWh, o que supón aforrar a emisión de máis de 11 Tn de CO2 á atmosfera”. O edil de Infraestruturas explicou que “esta é unha das actuacións que temos planificadas para mellorar os barrios da cidade e avanzar de cara a reducir o consumo enerxético e camiñar cara a unha cidade máis respectuosa co medio ambiente”.

A concellería de Infraestruturas renova a iluminación do centro da cidade