O Concello acondiciona o muro dos xardíns de San Roque

Alexandre Penas: “dende a concellería de Infraestruturas Urbanas estamos en contacto coa empresa para buscar que se realice a actuación producindo as menores molestias posíbeis”

A concellería de Infraestruturas reanuda así o plan de seguridade viaria no entorno dos recintos escolares

O Concello acondiciona o muro dos xardíns de San Roque

Lugo, 27 de xaneiro de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, indicou que no día de hoxe se reanudou o asfaltado dos pasos de peóns elevados da avenida Ramón Ferreiro. Penas indicou que “debido ás condicións climatolóxicas adversas as obras tiveron que deterse”, e engadiu “coa suba das temperaturas dos últimos días, fíxose posíbel continuar a realizar o asfaltado, mais seguimos pendentes da climatoloxía para poder continuar a actuación”.

“Tamén durante a xornada de hoxe comezarán os traballos no entorno do colexio de Montirón, e durante os vindeiros días comezarase a traballar no resto de recintos escolares, segundo as condicións climatolóxicas”, indicou Alexandre Penas. Os pasos de peóns elevados forman parte do plan da área de Mobilidade e Infraestruturas para mellorar a seguridade no acceso aos centros educativos, e ademais, a colocación destes pasos elevados servirá para avanzar no calmado do tráfico nas zonas escolares.

 

“Dende a concellería de Infraestruturas Urbanas seguimos en contacto coa empresa para buscar que este traballo se realice de maneira eficaz e buscando producir as menores molestias posíbeis ás veciñas e veciños”, indicou Alexandre Penas.