O BNG ADVERTIU EN MARZO DE 2018 ESTE DESPILFARRO E NON SE FIXO NADA PARA REVERTER ESTA SITUACIÓN MENTRES SE LLE SEGUEN PAGANDO Á ADXUDICATARIA POR ESTE “PERCORRIDO INÚTIL”

O concello leva dilapidados 16.300 €, con buses dando voltas nunha rotonda, dende que o denunciou o BNG

Tres liñas de buses que pasan por diante da piscina das Pedreiras van dar a volta á rotonda da Av. de Madrid, na Tolda, cando antes xiraban nas Pedreiras

O concello leva dilapidados 16.300 €, con buses dando voltas nunha rotonda, dende que o denunciou o BNG

Lugo, 9 de xaneiro 2019. O voceiro do BNG ven de cuantificar o custo que tivo para Lugo “ignorar as advertencias do BNG no pasado mes de marzo en relación ás liña de buses que dan voltas na rotonda do fondo da av. de Madrid”. Os autobuses que pasan por diante da piscina das Pedreiras van dar a volta á rotonda da Av. de Madrid, na Tolda. A día de hoxe son 16.300 € o que lle custou ao concello este percorrido “inútil” a pesares da advertencia feita polo BNG o pasado 19 de marzo.

O voceiro do BNG no concello de Lugo explicou que “calculamos o que supón que as tres liñas, que pasan por diante da piscina vaian dar a volta á Av. de Madrid e non o fagan na rotonda existente a carón das piscinas como facían antes cando, ademais, esta rotonda xa foi ampliada no seu momento para que os buses puideran xirar alí”. Arroxo lembrou que “nin o goberno da explicacións nin a empresa cumpre cos cambios que tería que facer despois da última adxudicación”.

Rubén Arroxo explicou que este percorrido faise unhas 4000 veces ao ano, e son tres liñas diferentes as que fan este percorrido (1,7e 10) o que supón que os autobuses dan unhas 12.000 voltas/ano “innecesarias” na rotonda da Av. de Madrid. Segundo Arroxo “o percorrido é duns 800 metros e esto fai que ao longo do ano sexan máis de 9.600 km e multiplicados polos 2,10 €/km que o concello lle paga á adxudicataria a cantidade total supera os 20.000 € anuais”. Para o BNG “esta é unha mostra máis do descontrol sobre os percorridos, liñas e custo do que lle supón ao concello o servizo de buses” e engadiu “resultado tamén do feito de non dar información sobre o novo contrato que continúa escondido no caixón da alcaldesa”.

Na zona das Pedreiras existen dúas paradas en menos de 30 metros, unha diante da piscina e outra diante da Facultade Humanidades. “Este percorrido extraordinario e a parada de diante a Facultade de Humanidades non figura nin na guía de buses oficial do concello ( http://www.lugo.es/ws/documentos/2010_GUIA_BUSES.pdf ) pero si que figura á hora de abonarlle á empresa concesionaria máis de 20.000 € anuais” afirmou Arroxo. O BNG presentou os cálculos do sobre custo que supón para o concello este, aparentemente curto, desvío nos traxectos das liñas de buses e anunciou a publicación dun vídeo explicativo sobre este percorridos.

 

Cálculos buses rotonda da Tolda para o período que vai dende o 19 de marzo de 2018 a o 9 de xaneiro de 2019:

 

Luns a venres -> 14 liñas/día x 5 días x 42 semanas = 2940 viaxes/ano

Sábados         ->  7 liñas/día x 42 semanas = 294 viaxes/ano

 

Total -> 3234 viaxes/ano

 

3234 viaxes/ano x 3 liñas de bus (1, 7 e 10) = 9702 viaxes/ano

 

9702 viaxes/ano x 0,8km = 7761,6km

 

7761,6 x 2,10€/km = 16.299,36 €

O concello leva dilapidados 16.300 €, con buses dando voltas nunha rotonda, dende que o denunciou o BNG