O concello de Lugo informa das actuacións da praza Gracía Bernal

Dende a área de infraestruturas infórmase da necesidade de circular con precaución até o remate definitivo da obra

O concello de Lugo informa das actuacións da praza Gracía Bernal

Lugo, 08 de marzo de 2020. Dende a Concellería de Infraestruturas estase a traballar na renovación do firme da estrada da praza García Bernal. A solución adoptada pola concellería consiste en aplicar unha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente. Unha vez rematada esta actuación, adaptarase a altura das tapas de rexistro e a pintarse a sinalización horizontal.

Segundo indicou Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, “trátase dunha actuación moi necesaria debido ao mal estado desta vía, que se foi deteriorando nos últimos anos”. Alexandre Penas afirmou que “dende a Concellería de Infraestruturas Urbanas temos presentes as actuacións que son necesarias nos distintos barrios da cidade, xa que algúns que levan moitos anos sen recibir ningunha intervención”.