O concello organiza unha visita para coñecer como avanza a restauración do busto de Xoan Montes

Realizarase unha escavación arqueolóxica no novo emprazamento antes de comezar coa colocación da base

A restauración estará rematada nas vindeiras semanas segundo indicou a restauradora, Uxía Aguiar

O concello organiza unha visita para coñecer como avanza a restauración do busto de Xoan Montes

Lugo, 17 de xaneiro de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto con Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, visitaron o estudo de arquitectura Parteluz, onde se están a levar a cabo os traballos de restauración do busto de Xoán Montes. Participaron da visita tamén representantes dos colectivos lucenses vencellados á cultura que promocionaron o traslado do busto.

Actualmente, o busto está a pasar por un proceso de restauración e limpeza por parte dun equipo especializado, que, segundo indicou a restauradora encargada do proxecto, Uxía Aguiar, se está a encargar de eliminar a suciedade das pezas de mármore e granito que compoñen a obra, mantendo as marcas de envellecemento propias da peza. Nas vindeiras semanas, comezarán as escavacións arqueolóxicas precisas para a colocación da estrutura e posteriormente do busto. Unha vez a restauración remate e a estrutura esté colocada, procederase a montar de novo o busto na praza Maior.

O expediente para esta actuación iniciouse no pasado mandato, e foi impulsado no suplemento de crédito aprobado polo actual goberno no mes de setembro, cunha inversión de 18.000 euros. Esta actuación ten como obxectivo resituar a figura de Xoán Montes no centro da cidade. Esta ubicación elixiuse dado que o propio Xoán Montes desenvolveu boa parte da súa actividade musical no quiosco da música da praza maior, o Círculo das Artes e a Catedral.

O concello organiza unha visita para coñecer como avanza a restauración do busto de Xoan Montes