RETIRARANSE UNHA DUCIA DE FAROLAS, QUE LEVABAN SEN FUNCIONAR DESDE O PECHE DA FACTORÍA DE FRIGSA

O Concello retirará as antigas farolas de formigón do parque de Frigsa

Conservaranse exemplares como patrimonio histórico
O Concello retirará as antigas farolas de formigón do parque de Frigsa

Lugo, 25 de setembro de 2019.  O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe que o concello procederá nos vindeiros días a retirar as antigas farolas de formigón instaladas cando Franco inaugurou a factoría en 1956 e que se conservan no entorno do parque de Frigsa. Segundo indicou Rubén Arroxo, “estas 12 farolas levaban sen funcionar desde o peche da factoría no ano 1983”.

 

Debido ao paso dos anos, as antigas estruturas de formigón comezaron a deteriorarse, chegando algunhas a ser perigosas para os usuarios e usuarias do recinto. Segundo indicou Arroxo, “as que estén en mellor estado serán conservadas como patrimonio histórico”.