"A concesión do transporte público debe contemplar a ronda e o recinto amurallado como zona peonil"

"A concesión do transporte público debe contemplar a ronda e o recinto amurallado como zona peonil"

IMG_1779Os nacionalistas trasladaranlle ao Goberno Municipal unha proposta para que, á hora da adxudicación, o servizo de transporte público sexa adaptado ou adaptable a unha futura peonalización da ronda e do recinto amurallado

“Non se pode pechar un contrato coa empresa por 15 anos sen preveer os cambios que pode ter a cidade nese período” anfirmou o voceiro do BNG – Asambleas Abertas

Lugo, 19 de xullo 2015. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas indicou que o goberno municipal debe considerar a necesidade, á hora da adxudicación do servizo público de transporte de pasaxeiros, de incluír posibles cambios na mobilidade da cidade. Rubén Arroxo sinalou que nas propostas que presenten as empresas debe contemplarse o feito futurible de que tanto a ronda da Muralla como o recinto interior sexan peonalizados na súa totalidade ou en parte.

Arroxo lembrou que o novo contrato de adxudicación vaise asinar por un periodo de 10 anos prorrogables a 15 e por un importe que ronda os 3,2 millóns de euros anuais. “Non se pode pechar un contrato coa empresa por 15 anos sen preveer os cambios que pode ter a cidade nese período” anfirmou o voceiro do BNG – Asembleas Abertas e engadiu que “xa temos a experiencia do que supón ter contratos deste tipo pechados que despois impiden adaptar os servizos ás necesidades reais do concello”.

Para o BNG – Asembleas Abertas débense plantexar posibilidades que queden contempladas á hora de facer a adxudicación do servizo de transporte público para que Lugo conte cun servizo sostible e eficiente no caso de que se avance na regulación do tráfico rodado en máis zonas da cidade.

Incorporación de enerxías alternativas e novos conceptos de transporte

Arroxo dixo que se debe traballar con perspectiva de futuro e deixar aberta a posibilidade de incorporar vehículos diferentes aos que hoxe operan para o transporte de xente no casco histórico. “Existen moitas posibilidades para compatibilizar o transporte de pasaxeiros no casco histórico e na ronda da Muralla respetando a vocación de espazo para as persoas que deben ter estas zonas” dixo Rubén Arroxo e engadiu que “pódense contemplar vehículos eléctricos ou que funcionen con outro tipo de enerxías para disminuir a contaminación acústica e a emisión de gases”.

"A concesión do transporte público debe contemplar a ronda e o recinto amurallado como zona peonil"