VECIÑAS E VECIÑOS DA GARABALLA LEVAN ANOS SUFRINDO CHEIROS E MOSQUITOS POLAS AUGAS RESIDUAIS QUE VAN DIRECTAMENTE NA PARTE ALTA DO RÍO RATO O BNG RECLAMOU EN NUMEROSAS OCASIÓNS UNHA SOLUCIÓN

A Confederación Hidrográfica inicia expediente sancionador contra o Concello polos vertidos da Garaballa

Imaxe de arquivo dunha visita á Garaballa para denunciar os vertidos
Imaxe de arquivo dunha visita á Garaballa para denunciar os vertidos

Segundo a comunicación da Confederación Hidrográfica as augas residuais “non teñen autorización previa do Organismo e proceden do aliviadeiro de As Termas”

A Confederación Hidrográfica inicia expediente sancionador contra o Concello polos vertidos da Garaballa

Lugo, 20 de marzo 2018. A Confederación Hidrográfica ven de abrir un expediente sancionador contra o concello de Lugo polos verquidos de augas residuais que, durante anos, veñen sufrindo as veciñas e veciños da Garaballa. O BNG denunciou en numerosas ocasións esta situación e trasladou á comisión municipal correspondente a demanda da veciñanza que levan anos sufrindo cheiros e mosquitos polas augas residuais que van directamente na parte alta do río Rato. O BNG reclamou en numerosas ocasións unha solución e ante a pasividade do goberno municipal o voceiro, Rubén Arroxo, trasladou este asunto ao SEPRONA e a Confederación Hidrográfica.

Rubén Arroxo lembrou que o BNG levou, por última vez, este tema á comisión de Infraestruturas o 22 de setembro do 2016 e a resposta do concelleiro foi, segundo figura na acta a seguinte: que se está revisando e cando se definan que actuacións se deben acometer procederase a levalas a cabo. “O BNG deu o paso de acudir á Confederación Hidrográfica e o SEPRONA ante a inacción do goberno municipal, por que as veciñas e veciños non poden seguir vivindo a carón dunha cloaca e soportando todas as molestias que trae consigo na súa propia casa” dixo Rubén Arroxo.

A apertura de este expediente sancionador, segundo figura no propio documento, é debida ... a vertido directo ao caudo do arroio San Salvador, sin autorización previa de este organismo de conca, de augas residuais procedentes do aliviadeiro As Termas, causando danos ao dominio público hidraulico, no barrio da Garaballa... No seu momento foi o SEPRONA que tomou as mostras de auga para analizar as características e o grado de contaminación das mesmas. O voceiro do BNG anunciou que “seguiremos traballando para que, por fin, se dea unha solución e todas as veciñas e veciños da Garaballa poidan abrir as fiestras durante o verán e respirar sen cheiros nin pragas de insectos”.