NOS PRÓXIMOS DÍAS, PINTARASE A SINALIZACIÓN HORIZONTAL DA RÚA SANTO GRIAL

Continúan os traballos no barrio da Piringalla para garantir a seguridade no tráfico da zona

Colocáronse pasos de peóns elevados no entorno do colexio Luís Pimentel

Continúan os traballos no barrio da Piringalla para garantir a seguridade no tráfico da zona

Lugo, 20 de agosto de 2019. O Alcalde en Funcións, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron no día de hoxe as obras da rúa Santo Grial, no barrio da Piringalla. Arroxo indicou que “neste martes remata o asfaltado da vía, e  agora queda só o pintado da sinalización horizontal”.  Esta actuación ten como obxectivo principal avanzar no calmado do tráfico nunha zona na que existen numerosas queixas por exceso de velocidade.

 

As obras constan de 3 bandas de calmado do tráfico e 2 pasos de peóns elevados “para incrementar a seguridade dos nenos e nenas que acoden ao colexio e evitar as carreiras nocturnas que producen queixas por parte da veciñanza”. Rubén Arroxo lembrou que esta actuación está relacionada coa xa rematada rotonda da rúa Mar Cantábrico.