O BNG APOSTA POR FOMENTAR EN LUGO UN TURISMO SOSTIBLE, RESPECTUOSO CO MEDIO AMBIENTE E DESESTACIONALIZADO

“Converteremos os sendeiros do Miño nun referente internacional para o turismo familiar e deportivo” afirmou Rubén Arroxo

IMG_0674r

Lugo conta con máis de 40 km de sendeiros no entorno do Miño, aptos para roteiros a pé e en bicicleta con diferentes niveis de esixencia

“Converteremos os sendeiros do Miño nun referente internacional para o turismo familiar e deportivo” afirmou Rubén Arroxo

Lugo, 19 de maio 2019. Rubén Arroxo, candidato á alcaldía do BNG por Lugo, visitou o entorno do Miño con integrantes da candidatura que encabeza e apostou por converter a rede de sendeiros que rodean o Miño nun “referente internacional para o turismo familiar e deportivo”. “O que temos en Lugo é único no estado, 40 km de sendeiros a carón do río e ao pé dunha cidade con dous mil anos de historia” sinalou Arroxo e dixo “esto é o paraiso para promover ese turismo deportivo e familiar que busca entornos naturais para practicar o deporte, andar en bicicleta ou simplemente camiñar”.

As infraestruturas para o turismo vanse consolidando e incrementando, e o BNG aposta por fomentar, en Lugo, un turismo sostible, respectuoso co medio ambiente e desestacionalizado. “A promoción da rede de sendeiros do Miño sumarase, ao camiño primitivo e o feito de que Lugo suma tres patrimonios da humanidade no seu casco histórico” avanzou Arroxo. Lugo conta con máis de 40 km de sendeiros no entorno do Miño, aptos para roteiros a pé e en bicicleta con diferentes niveis de esixencia “coa debida promoción, Lugo pode recibir visitantes a nivel internacional, mantendo un turismo pouco invasivo e respectuoso co noso patrimonio ”.

Arroxo incidiu na necesidade de que Lugo conte cun plan anual de mantemento dos sendeiros do Miño e de promoción dos mesmos “para que todas as persoas que viven en Lugo e as que nos visitan poidan disfrutar deste entorno privilexiado”. Este plan de promoción e mantemento do entorno do Miño iría ligado á creación de zonas públicas de baño e á optimización de instalacións deportivas como é o caso da escola de Piragüismo.
 

“Converteremos os sendeiros do Miño nun referente internacional para o turismo familiar e deportivo” afirmou Rubén Arroxo