O BNG-AA DISPOSTO A APOIAR “TODAS AS PROPOSTAS QUE SEXAN BOAS PARA LUGO” E TAMÉN A PRESENTAR INICIATIVAS, NO QUE QUEDA DE ANO, PARA ACOMETER INVESTIMENTOS

Cos orzamentos prorrogados estudaremos as propostas pero debemos coñecelas con tempo suficiente dixo Arroxo

“Entendemos que as propostas deben levarse a Pleno por separado para que non pase como coas facturas do expediente extraxudicial de crédito” dixo Arroxo

Cos orzamentos prorrogados estudaremos as propostas pero debemos coñecelas con tempo suficiente dixo Arroxo

Lugo, 9 de maio 2017. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, avanzou hoxe a necesidade de coñecer “coa debida antelación” as propostas de investimentos que o goberno levará ao pleno para os investimentos neste ano. Arroxo sinalou que “unha vez que o goberno socialista decidiu prorrogar o orzamento municipal do 2017, o BNG-AA está disposto a apoiar todas as propostas que sexan boas para Lugo, pero estudarémolas pormenorizadamente por que non imos ser complices de despilfarros nin de investimentos inútiles”.

"non imos ser complices de despilfarros nin de investimentos inútiles”

“Entendemos que as propostas deben levarse a Pleno por separado para que non pase como coas facturas do expediente extraxudicial de crédito” dixo Arroxo que lembrou o que sucedeu recentemente coa inclusión no mesmo lote de facturas pendentes de pago “unhas con informes de reparo legalidade e outras que estaban perfectamente conformadas”. O voceiro nacionalista sinalou que “Estudaremos e contrastaremos caso por caso cada investimento antes de dar o noso apoio, e entendemos que se deben trasladar ao Pleno en expedientes separados para que todos os grupos nos manifestemos a favor ou en contra de cada investimento concreto”.

O BNG-AA tamén presentará propostas de investimentos. Arroxo sinalou que o BNG-AA fixera, no ano 2016, unha serie de propostas entre as que destacou “a zona pública de baño, a creación de aparcadoiros disuasorios en solares baleiros, a apertura dun aparcadoiro gratuíto no entorno do HULA, activación do servizo de préstamo de bicicletas, a construción de piscinas termais públicas nas inmediacións do balneario, a convocatorias das axudas de concorrencia para entidades culturais e a municipalización de servizos”. “De todas estas propostas non se fixo nada por falta de xestión e de intención e o BNG-AA vai seguir apostando por investir nestas e noutras cuestións que son clave para o futuro deste concello” afirmou Arroxo.