Cristina López entrega os premios do VI concurso de fotografía “Estampas de Paz e Acougo”

A área de Participación organizou unha nova edición deste concurso pola festividade de Santos

Cristina López entrega os premios do VI concurso de fotografía “Estampas de Paz e Acougo”

Lugo, 17 de decembro de 2019. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, realizou hoxe a entrega dos premios do VI concurso de fotografía “Estampas de Paz e Acougo”, que dende a área de goberno nacionalista se organizou co gallo da festividade de Santos.

O concurso este ano tivo como temática a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. O xurado valorou a calidade técnica e artística das obras, dándoselle unha especial relevancia á captación da sensación de paz e harmonía coa que se impregnan os recintos dos cemiterios.

“Anxo Mensaxeiro”, de Pablo Fouz, foi a imaxe gañadora dos 500€ do primeiro premio. O segundo premio, con 200€, foi para Marcos López, coa imaxe “Orar da Paz”. Na terceira posición rematou “Dor”, de Begoña Pérez, que levou un premio de 100€. Cristina López agradeceu a todas as persoas que presentaron imaxes a súa participación no concurso, e lembrou que as obras que non resultaron gañadoras poden retirarse entre o 1 e o 31 de xaneiro.

Cristina López entrega os premios do VI concurso de fotografía “Estampas de Paz e Acougo”