O VOCEIRO DO BNG COMPROBOU O ESTADO DE ABANDONO DO ESPAZO QUE DEBERÍAN OCUPAR OS HORTOS URBANOS MUNICIPAIS PROXECTADOS NO PARQUE DOS PAXARIÑOS

“A Deputación anuncia máis hortos, mentres seguen abandoados os hortos municipais que nunca existiron en Fontiñas ” anunciou Arroxo

IMG_9256

“Chegou a publicarse unha listaxe de persoas adxudicatarias do hortos e fíxose toda a buracracia pero os hortos nunca chegaron a funcionar” sinalou Arroxo

“A Deputación anuncia máis hortos, mentres seguen abandoados os hortos municipais que nunca existiron en Fontiñas ” anunciou Arroxo

Lugo, 18 de marzo de 2019. O voceiro do BNG e candidato á alcaldía, Rubén Arroxo criticou a falta de seriedade dos gobernos socialistas de Concello e Deputación. Arroxo manifestou a súa sorpresas polo recente anuncio da Deputación de ampliar as zonas adicadas a hortos urbanos “mentres os que proxectou o concello nunca chegaron a funcionar a pesar do investimento feito e de terse anunciado”. Arroxo sinalou “creáronse unhas bases para a concesión deste hortos, abriuse prazo de solicitude e incluso se chegou a facer unha adxudicación a persoas concretas destes espazos no parque dos Paxariños”.

Arroxo lembrou como a proposta de cración de hortos urbanos “é unha proposta do BNG” e engadiu “entendemos que ten que haber hortos en diferentes zonas da cidade e sempre manifestamos a nosa opinión contraria á ubicación no parque dos Paxariños”. Arroxo explicou que “o PSOE nunca quixo facer os hortos urbanos municipais e a proba é que seguen sen facerse”. A ubicación no parque de Paxariños foi criticada, no seu momento, polo BNG por tratarse dun espazo pouco axeitado polos malos accesos por existir uns hortos da Deputación nun lugar relativamente próximos como o entorno do río Rato.

O voceiro do BNG comprobou o estado de abandono do espazo que deberían ocupar os hortos urbanos municipais proxectados no parque dos Paxariños. “Advertímoslle ao goberno que este non era o lugar idóneo e aínda así houbo persoas que solicitaron estes espazos para traballalos, quedou xente en lista de agarda para conseguir un horto neste espazo, fíxose o investimento e a realidade é tan teimuda que demostra que o PSOE nunca quixo hortos urbanos” setenciou Arroxo.

“A Deputación anuncia máis hortos, mentres seguen abandoados os hortos municipais que nunca existiron en Fontiñas ” anunciou Arroxo