PARA O BNG “O PSOE NUNCA QUIXO FACER UNHA ZONA DE PÚBLICA DE BAÑO E IMPEDIU QUE O BNG LEVASE A CABO UN PROXECTO QUE CONTABA COS DEBIDOS PERMISOS”

A Deputación invade o río ignorando os informes que presentou contra a proposta de zona de baño do BNG

NuevoDocumento 15_1
Imaxe publica en La Voz de Galicia de Lugo

En referencia ás actividades desta fin de semana Maite Ferreiro sinalou que “a propia Deputación paralizou a creación da zona de baño en Lugo e agora utiliza o río como un parque acuático”

A Deputación invade o río ignorando os informes que presentou contra a proposta de zona de baño do BNG

Lugo, 2 de setembro 2017. A concelleira do BNG-AA, Maite Ferreiro, cuestionou a actuación da Deputación de Lugo e pediu explicacións polo feito de “que Lugo continúe sen unha zona pública de baño mentres dende a Deputación se está a promover actuacións lúdicas en zonas do río como no caso de Lugo”. Maite Ferreiro lembrou o “demoledor” informe que o goberno socialista da Deputación “encargou” para tratar de evitar que a Confederación Hidrográfica autorizase a proposta de zona de baño feita polo BNG para a zona de As Saamasas.

Ferreiro lembrou como, ao longo dos últimos anos, os goberno socialistas de Concello e Deputación se negaron a crear unha zona pública de baño no concello de Lugo “pero non teñen problema en usar o río como un parque acuatico”. A edil do BNG-AA preguntouse “se Deputación e concello solicitaron os pertinentes permisos para estas actividades ao departamento de Medio Ambiente e á Confederación Hidrográfica, e por que non tiveron a iniciativa de facer as solicitudes para crear a zona de pública de baño”.

“A Deputación paralizou a solicitude do BNG para poñer un acceso seguro para o baño na zona de As Saamsas e non respondeu aos escritos presentados” explicou Maite Ferreiro e engadiu “incluso o noso portavoz municipal, Rubén Arroxo, contactou directamente co presidente da Deputación pero non houbo resposta dende a institución”. Para o BNG “o que sucede coa zona pública de baño no río é unha teima do PSOE por bloquear as iniciativas que non son dos seus afíns pero que perxudican a todas as veciñas e veciños de Lugo, e as actividades promovidas pola Deputación son a clara demostración de que esto é así”.

“O equipo de goberno da alcaldesa explicar actividades lúdicas na provincia e na nosa cidade teñen os debidos permisos e se cumpren as condicións que a propia Deputación marcaba no informe que foi presentado, ante a Confederación Hidrográfica contra o proxecto de zona de baño presentado polo BNG” concluíu Maite Ferreiro facendo referencia ao informe do IBADER sobre os requisitos que deberían cumprir os elementos a utilizar na creación dunha zona ocio e baño.

A Deputación invade o río ignorando os informes que presentou contra a proposta de zona de baño do BNG