“Descubrimos o novo modelo de contedor - rotonda en Coeo” ironizou Rubén Arroxo

“Descubrimos o novo modelo de contedor - rotonda en Coeo” ironizou Rubén Arroxo

coecoO voceiro do BNG-AA sinalou “a falta de coordinación” nas áreas de goberno que “se plasma en situacións tan absurdas como esta, pero é a tónica xeral no concello”

Un contedor quedou situado no medio do acceso a Quintela, na parroquia de Coeo, dende a N-VI

Lugo, 30 de xullo, 2015. Rubén Arroxo ironizou sobre a política de “grava á carta” que está a levar a cabo o concelleiro de Medio Rural nalgunhas parroquias do concello e sinalou que “descubrimos o novo modelo de contedor-rotonda en Coeo”. “Esto non é máis que a plasmación da descordinación existente entre as diferentes áreas do goberno municipal” sinalou Arroxo e engadiu que “este tipo de despropósitos, que no caso do contedor-rotonda de Coeo é anecdótico, repítense diariamente no funcionamento do goberno municipal”.

Rubén Arroxo explicou que na entrada, dende a N-VI, á pista que da acceso a Quintela na parroquia de Coeo “quedou posto un contedor do lixo xusto no medio e medio do acceso” para o voceiro do BNG-AA “trátase dunha irresponsabilidade polo perigo que supón para os vehículos que acceden, sobre todo pola noite, dende a N-VI á pista que leva a Quintela”. Arroxo informou que xa trasladou esta circunstancia ao concelleiro de medio rural e responsable das obras por que “para que tome as medidas oportunas antes de que se produza unha desgraza”.

Para o BNG – AA trátase “dunha volta atrás” na atención ao medio rural xa que “estase facendo o mesmo que no século pasado, botando grava nas pistas de calquera maneira e sen unha garantía mínima de calidade”. Arroxo sinalou que “detectamos en varias parroquias que o asfaltado de pistas faise sen planificación e atendendo máis a intereses partidistas que ás necesidades reais dos veciños”. O BNG-AA denuncia que non se están facendo asfaltados en quente que son os que garanten unha boa durabilidade e volveuse á “grava preelectoral”.

“Descubrimos o novo modelo de contedor - rotonda en Coeo” ironizou Rubén Arroxo