A PARLAMENTARIA DO BNG, OLALLA RODIL, SINALOU QUE “A PESARES DAS RECENTES OBRAS, A ETAP NON É CAPAZ DE GARANTIR A POTABILIDADE DA AUGA, PRINCIPALMENTE NOS DÍAS DE CHOIVA”

“Despois dun gasto de máis de 370 mil euros, a auga da traída en Taboada non é apta para consumo” dixo Rodil

IMG_1338
Olalla Rodil e Xosé A. Ledo xunto da ETAP de Taboada

O BNG presentará unha emenda aos orzamentos da Xunta para “conseguir os fondos necesarios e dar solución a este problema que afecta ás veciñas e veciños de Taboada”

“Despois dun gasto de máis de 370 mil euros, a auga da traída en Taboada non é apta para consumo” dixo Rodil

Taboada, 15 de decembro 2016. A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, visitou o concello de Taboada para coñecer a situación na que se atopa o abastecemento de auga despois da posta en marcha na da nova Estación de Tratamento de Auga Potable. A parlamentaria estivo acompañada polo voceiro municipal do BNG, Xosé Antón Ledo, e puido comprobar como “despois dun gasto de máis de 370 mil euros, a auga da traída en Taboada non é apta para consumo moitos días do ano, e sobre todo nas épocas de choiva”.

A parlamentaria nacionalista avanzou que o BNG presentará unha emenda aos orzamentos da Xunta para “conseguir os fondos necesarios e dar solución a este problema que afecta ás veciñas e veciños de Taboada”. Rodil sinalou que “coma xa ten manifestado o BNG de Taboada en reiteradas ocasións, é necesario cambiar o punto de captación e traer auga que, en orixe, xa teña unha boa calidade” e engadiu que “neste momento é practicamente imposible conseguir depurar e potabilizar unha auga que, cando chove, chega cargada de lodos”.

Na actualidade o abastecemento de auga potable á vila de Taboada e parroquias próximas, tras a posta en marcha na da nova Estación de Tratamento de Auga Potable, é deficiente, en canto á calidade a pesares do cuantioso investimento que se fixo para executar as obras da nova E.T.A.P. Nas épocas de choivas abundantes a auga chega loda ás casas e non é apta para o consumo humano, nin para o uso doméstico habitual . A Parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, sinalou que “a pesares das recentes obras, a ETAP non é capaz de garantir a potabilidade da auga, principalmente nos días de choiva”

A rede municipal de abastecemento de augas da servizo aproximadamente a un terzo da poboación do concello de Taboada e abastece, tamén, ao colexo público e a unha residencia da terceira idade. O BNG, a través do seu grupo municipal, ten advertido da necesidade de buscar unha alternativa á actual captación que conduce a auga dende o río Moreda ata a estación potabilizadora para que logo sexa distribuída pola rede municipal de abastecemento; podendo quedar a actual captación para necesidades puntuais. Esta alternativa implicaría un menor tratamento da auga e polo tanto un menor custo do subministro, polo aforro en produtos e no bombeo.

Xosé A. Ledo, voceiro municipal do BNG sinalou que “a captación de auga faise no río Moreda, nunha zona na que o caudal é escaso e á que o río chega cun importante nivel de arrastre de sedimentos nas épocas de choiva”. O sistema de captación de auga, directemente deste dun cauce fluvial, fai practicamente imposible unha depuración e potabilización axeitada en momentos nos que o incremento de partículas en flotación na auga é superior á capacidade da propia ETAP.

As obras de mellora e construción da E.T.A.P. de Taboada foron rematadas recentemente e cofinanciadas pola Unión Europea nun 80 %, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O investimento total das obras tivo un orzamento de 374.652,30 € e foi executado dende o organismo, dependente da Xunta, Augas de Galicia.

Diante da confirmación feita polo alcalde nun dos últimos plenos de que a ETAP segue presentando deficiencias a pesar das últimas obras, e de que é preciso facer novas obras, o BNG pedirá que se recolla nos orzamentos da xunta para 2017 a inversión necesaria para poder garantir unha auga de calidade xa dende a súa captación. Priorizando esta inversión fronte calquera outra que non incida nunha clara mellora da calidade de vida d@s veciñ@s e repercuta asemade nos negocios locais.

“Despois dun gasto de máis de 370 mil euros, a auga da traída en Taboada non é apta para consumo” dixo Rodil