“DAREMOS UNHA VOLTA A REDOR DA MURALLA E POR DIVERSAS RÚAS DA CIDADE, PARA LEMBRAR QUE QUEREMOS UNHA CIDADE PARA AS PERSOAS E NON PARA OS COCHES” EXPLICOU ARROXO

No día da bicicleta, o BNG organizará unha marcha en bici “para que unha nova mobilidade funcione en Lugo”

O voceiro do BNG convida “a todas as persoas que aposten por unha mobilidade do século XXI para Lugo” a participar nun paseo en bicicleta neste 19 de maio

No día da bicicleta, o BNG organizará unha marcha en bici “para que unha nova mobilidade funcione en Lugo”

Lugo, 18 de abril de 2018. O BNG presentou a marcha ciclista organizada para celebrar o día internacional da bicicleta que se celebra o 19 de abril. “É unha forma amable de reivindicar a necesidade de reformar a mobilidade nesta cidade, de apostar por unha cidade para as persoas e por espazos de tráfico compartido onde se respecte a ciclistas e peóns” dixo Rubén Arroxo. O BNG ten demostrado a efectividade de políticas encamiñadas á peonalización dos centros das cidades e ao calmado do tráfico con experiencias como a de Pontevedra que acadaron recoñecementos internacionais.

“Daremos unha volta a redor da muralla e por diversas rúas da cidade, para lembrar que queremos unha cidade para as persoas e non para os coches” explicou Arroxo. O BNG leva presentadas numerosas iniciativas no concello encamiñadas a implementar medidas que favorezan o uso da bicicleta e da peonalización na cidade de Lugo. O voceiro do BNG convida “a todas as persoas que aposten por unha mobilidade do século XXI para Lugo” a participar nun paseo en bicicleta neste 19 de maio.