O BNG PEDIRÁ QUE SE INCREMENTE A LIMPEZA NESTA ZONA POR QUE “O ACTUAL ESTADO É ABSOLUTAMENTE INTOLERABLE”

“A Duquesa de Lugo é unha porcallada” afirmou Rubén Arroxo

“A cantidade de lixo que se acumula nesta vía, que une a cidade co polígono do Ceao, da unha pésima imaxe e pode provocar problemas sanitarios” dixo Rubén Arroxo

“A Duquesa de Lugo é unha porcallada” afirmou Rubén Arroxo

Lugo, 27 de marzo 2018. O BNG denunciou publicamente a falta de limpeza nunha das vías principais de entrada e saída da cidade  de Lugo. Rubén Arroxo afirmou “a Duquesa de Lugo é unha porcallada” despois de comprobar a cantidade de lixo que se acumula nas beiras rúas e no entorno deste víal. “A cantidade de lixo que se acumula nesta vía, que une a cidade co polígono do Ceao, da unha pésima imaxe e pode provocar problemas sanitarios” dixo Rubén Arroxo e anunciou que o BNG pedirá que se incremente a limpeza nesta zona por que “o actual estado é absolutamente intolerable”.

“Non se admitiría que esta cantidade de lixo se acumulase na rúa da raiña pero si que se permite na periferia da cidade” dixo Arroxo. Dende o BNG solicitase ao goberno municipal que actúe “xa que non van ser capaces de facer as obras de desdobramento, polo menos que manteñan limpo o entorno”. Dende fai tempo a av. Duquesa de Lugo acumula no seu entorno gran cantidade de lixo e a falta de medidas é patente e coñecida por todas as persoas que por alí transitan. O voceiro do BNG-AA sinalou que “varias persoas se dirixiron ao BNG para queixarse pola falta de atención do goberno muncipal para esta zona”.