CRISTINA LÓPEZ MANTIVO UNHA XUNTANZA PARA COÑECER AS DEMANDAS DA VECIÑANZA E PRESENTAR AS MODIFICACIÓNS NOS CRITERIOS DAS AXUDAS

A edil de Participación e Servizos para Veciñanza presentouse a representantes do tecido asociativo

“A partir do vindeiro ano trataremos de adiantar a data de convocatoria das axudas para facilitar a xestión ás asociacións” afirmou López

A edil de Participación e Servizos para Veciñanza presentouse a representantes do tecido asociativo

Lugo, 12 de novembro de 2019. A concelleira de Participación e Servizos á Cidadanía, Cristina López, reuniuse con representantes do tecido asociativo da cidade para presentarse como responsable do rexistro de asociacións e para dar conta das xestións iniciadas ao fronte da Área de Participación e Servizos á Cidadanía. Cristina López sinalou que “para a nosa área de goberno resulta fundamental manter un contacto directo coas persoas que forman parte do asociacionismo en Lugo, tanto no eido veciñal como en outros ámbitos, por que son eles os que manteñen viva a actividade na cidade, nos barrios e nas parroquias durante todo o ano”.

A edil nacionalista aproveitou a xuntanza para explicar os cambios que se van producir no sistema de axudas para o vindeiro ano. A partir de 2020 cada Área do concello xestionará e marcará os tempos nas convocatorias e concesións das axudas, cando ata agora se viña facendo de xeito unificado “esto provocaba un importante retraso xa que os ritmos burocráticos de cada área son moi diferentes e entendemos que con este cambio conseguirase unha maior axilidade e mellorar as tramitacións” explicou Cristina Ferreiro.

“A partir do vindeiro ano trataremos de adiantar a data de convocatoria das axudas para facilitar a xestión ás asociacións” afirmou López que tamén descotou, despois da xuntanza “recibimos propostas interesantes para mellorar a xestión do departamento de Participación”. A Concelleira de Participación agradeceu a presenza a todas as persoas que acudiron á xuntanza en representación das súas correspondetes asociacións entidades.