O BNG-AA ANUNCIOU A PRINCIPIO DESTA SEMANA UNHA CAMPAÑA DE DENUNCIA DE VERTEDOIROS ILEGAIS E A VECIÑANZA EMPEZA A TRASLADARLLE AO BNG AS DEFICIENCIAS QUE SOPORTAN

“Empezamos a recibir denuncias das parroquias polo abandono dos puntos de recollida”

Colector Piugos
Colector Piugos

A falta de limpeza e os colectores tirados son habituais no punto de recollida da parroquia de Piugos e existe un vertedoiro na estrada de Cuiña

“Empezamos a recibir denuncias das parroquias polo abandono dos puntos de recollida”

Lugo, 14 de outubro, 2016. O BNG - AA puxo en marcha, a principios desta semana, un plan para a eliminación dos vertedoiros incontrolados que hai nas parroquias de Lugo e para mellorar o sistema de recollida do lixo no rural do concello. “Dende que fixemos pública a nosa iniciativa empezamos a recibir denuncias das parroquias polo abandono dos puntos de recollida”  dixo Arroxo e explicou “nesta mesma semana comunicáronnos a existencia dun vertedoiro na estrada que vai a Santalla de Cuiña e veciños de Piugos denunciaron o mal estado do punto de recollida”.

 

Arroxo insistiu “as veciñas e veciños están dispostos a colaborar, pero o concello non da a resposta axeitada, nin se ven solucións por que a burocracia é lenta e o lixo segue tirado no mesmo sitio que estaba”. O voceiro municipal do BNG – AA que afirmou “traballaremos coa veciñanza para eliminar os vertedoiros incontrolados do rural e animamos ás veciñas e veciños a que nos comuniquen a existencia de vertedoiros e de deficiencias nos sistemas de recollida de lixo no rural”.

Ademais Arroxo dixo que “informaremos a todas as persoas que non saiban como teñen que actuar no caso de atopar o saber dun vertedoiro incontrolado de darémoslles o apoio do grupo municipal do BNG – AA para conseguir que Lugo volva ser o espazo limpo que ten que ser”. O BNG-AA anunciou a principio desta semana unha campaña de denuncia de vertedoiros ilegais e a veciñanza empeza a trasladarlle ao BNG as deficiencias que soportan.

“Empezamos a recibir denuncias das parroquias polo abandono dos puntos de recollida”