A Escola Municipal de Música entregará os instrumentos musicais do Banco de Instrumentos

“Foron cubertas todas as solicitudes feitas por parte das alumnas e alumnos da Escola” informou Maite Ferreiro

O banco de instrumentos foi creado por iniciativa da Asociación de Usuarios da Escola e os préstamos fanse durante cada curso lectivo

A Escola Municipal de Música entregará os instrumentos musicais do Banco de Instrumentos

Lugo, 18 de xaneiro de 2020.  A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que na vindeira semana comezarase a entrega de instrumentos pertencentes ao Banco de Instrumentos Escola Municipal de Música. “Trátase dun servizo para cubrir a demanda do alumando que non pode facer fronte á inversión que require un instrumento musical. Así garantimos a igualdade á hora acceder á iniciación no mundo da música de todas as persoas independentemente da súa capacidade económica”, indicou Maite Ferreiro.

Clarinetes, trombóns, unha trompeta, dous saxofóns, un fagot, dous bombardinos e unha tuba son os instrumentos que se entregarán esta semana. O préstamos dos instrumentos  ten carácter temporal e as persoas beneficiarias deben devolvelos ao final de cada curso. Segundo indicou Maite Ferreiro, “cubríronse todas as solicitudes de instrumentos que se presentaron” e lembrou “esta foi, no seu día, unha iniciativa da Asociación de Usuari@s da Escola de Música que imos a seguir potenciando polo interese da mesma”.

Os préstamos durarán como máximo un ano e cada estudante só puido optar a un instrumento. Para a adxudicación dos instrumentos, tívose en conta a renda familiar,  ademais, o prazo de solicitude poderá abrirse varias veces cada ano e, segundo indicou Maite Ferreiro, “o banco de instrumentos poderá ser ampliado no futuro, tanto mediante adquisición de instrumentos por parte do concello como con doazóns”.

A Escola Municipal de Música entregará os instrumentos musicais do Banco de Instrumentos