A CANDIDATA DO BNG POR LUGO ANUNCIOU, NO PRIMEIRO DÍA DE CURSO, QUE “O BNG VOLTARÁ A IMPLANTAR OS LIBROS GRATIS DENDE O GOBERNO DA XUNTA”

“O que fai o PP coa educación é unha cuestión ideolóxica, eliminar os centros públicos para reforzar os privados” Olalla Rodil

Para Rodil “a discriminación que está a sufrir Lugo a respecto do servizo de hemodinámica as 24 h é unha pataleta do PP”

“O que fai o PP coa educación é unha cuestión ideolóxica, eliminar os centros públicos para reforzar os privados” Olalla Rodil

Lugo, 12 de setembro 2016. Olalla Rodil achegouse, no primeiro día de curso, a un centro escolar da cidade de Lugo para anunciar que no programa do BNG está recollido “a necesidade de establecer, de novo, a gratuidade dos libros de texto, como sucedera cando o BNG estivo no goberno da Xunta”. Rodil estivo acompañada do número dous da candidatura, Mario Outeiro, de ediles do BNG no concello de Lugo e do, ata agora, parlamentario por Lugo Cosme Pombo.

 

Rodil fixo unha reivindicación sobre o desmantelamento dos serivizos públicos que está a realizar o PP e afirmou que “o que fai o PP coa educación é unha cuestión ideolóxica, eliminar os centros públicos para reforzar os privados” e sinalou que “dende a Xunta primouse aos centros concertados e privados, mesmo a aqueles que fan segregación por sexo”. Rodil acusou a Núñez Feijoo do peche dun elevado número de centros de educación en toda Galiza e concretamente na zona da montaña de Lugo.

O BNG aposta por devolver a gratuidade dos libros de texto e por recuperar as prazas de profesorado que se desmantelaron para garaantir un ensino universal dende os 0 aos 18 anos e reforzar o papel das universidades. Olalla Rodil, tamén mantivo unha xuntanza con persoal da USC, no Campus de Lugo, para coñecer cal é a situación real na que se encontra a universidade pública e as condicións nas que teñen que traballar.

 

3.000 profesores menos cos gobernos de Feijoo

A candidata nacionalista avogou por abrir un “tempo novo” para o ensino público despois do 25 de setembro e lembrou que “Galiza perdeu a 3.000 mestres e profesores recortados durante estes últimos sete anos”. Rodil sinalou que “só coa xestión do imposto de sociedades contaríamos con mil millóns de euros para contratar máis persoal na educación”. Nese novo marco que defende o BNG, dixo hai que “blindar o ensino como un servizo público e deixar de primar os centros privados e concertados”.

“O que fai o PP coa educación é unha cuestión ideolóxica, eliminar os centros públicos para reforzar os privados” Olalla Rodil