O BNG LEMBROU NO MES DE FEBREIRO DESTE ANO QUE SE DEBÍA DAR SOLUCIÓN E SEGUNDO ARROXO “NESTE MOMENTO O ÚNICO QUE FALTA É A DECISIÓN DO GOBERNO PARA COLOCAR A ILUMINACIÓN”

“A falta de iluminación na Louzaneta debería estar solucionada e o BNG xa o ten demandado” dixo Arroxo

Louzaneta

Para o BNG “as ondas de roubos reiteradas nesta zona do concello terianse atenuado coa instalación de iluminación que levan demandando os veciños e veciñas dende hai moito tempo”

“A falta de iluminación na Louzaneta debería estar solucionada e o BNG xa o ten demandado” dixo Arroxo

Lugo, 11 de setembro 2017. O voceiro do BNG - AA, Rubén Arroxo, lembrou hoxe que o goberno municipal aínda non deu solución aos problemas de falta de iluminación no polígono da Louzaneta. Arroxo sinalou que “non é un problema novo e véñense repetindo os roubos de xeito reitarado, ao mesmo tempo que o goberno municipal non deu solución á falta de iluminación”. O BNG-AA levou este asunto á comisión de infraestruturas do mes de marzo deste ano “e o Goberno xa non deu resposta naquel momento” sinalou Arroxo que afirmou “a solución segue sen chegar para as veciñas e veciños desta zona”.

véñense repetindo os roubos de xeito reitarado

“A falta de iluminación na urbanización de A Louzaneta deu lugar a numerosas queixas veciñais durante anos e a un proceso de regularización entre concello. Promotores e as persoas propietarias” explicou Arroxo e indicou que “neste momento o único que falta é a decisión do goberno para colocar a iluminación”. Para o BNG-AA  “está claro que nin o concello, nin a falta de iluminación son responsables dos roubos dos cales son culpables únicas as persoas que os comenten, mais é certo que a oscuridade reinante na zona si facilita a comisión deste tipo de delitos”.

“A falta de iluminación na Louzaneta debería estar solucionada e o BNG xa o ten demandado” dixo Arroxo