Felipe Rivas: “Lugo ten sete garderías dependentes de tres institucións distintas”

O concelleiro de educación aposta por transferir as escolas infantís municipais á xunta “para reducir trámites burocráticos ás familias”

“Temos que avanzar de cara a un modelo unificado na xestión das escolas infantís públicas”, indicou Felipe Rivas

Felipe Rivas: “Lugo ten sete garderías dependentes de tres institucións distintas”

Lugo, 16 de xaneiro de 2020. O concelleiro de Educación, Felipe Rivas, indicou que continuará traballando para que a Xunta de Galiza asuma a xestión das 4 garderías municipais. Felipe Rivas indicou que “co modelo actual, o concello ten que enviar toda a información á Xunta de Galiza, a encargada de realizar as inspeccións necesarias”.

“Lugo ten sete garderías que dependen de tres institucións diferentes”, declarou o concelleiro de educación, que engadiu “se unha familia solicita praza en dúas garderías dependentes de distintos entes, vese obrigada a realizar trámites burocráticos nas dúas institucións”.

Felipe Rivas aposta por “avanzar de cara a un modelo unificado na xestión das escolas infantís públicas”. Este modelo permitiría, segundo o edil nacionalista “evitar molestias ás familias, que se ven obrigadas a realizar trámites burocráticos repetitivos e innecesarios”.

Felipe Rivas: “Lugo ten sete garderías dependentes de tres institucións distintas”