Felipe Rivas: “queremos eliminar tabús sobre a transexualidade nos centros de ensino”

Felipe Rivas e representantes da asociación Arelas
Felipe Rivas e representantes da asociación ARELAS

A concellería busca colaborar con distintas entidades para ofertar aos centros de ensino charlas sobre diversidade

O concelleiro de educación mantivo unha xuntanza coa asociación ARELAS

Felipe Rivas: “queremos eliminar tabús sobre a transexualidade nos centros de ensino”

Lugo, 02 de marzo de 2020. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, mantivo unha xuntanza coa asociación de familias de menores trans ARELAS. Segundo indicou Felipe Rivas, “o obxectivo desta xuntanza é iniciar a colaboración con entidades e asociacións para conseguir centros de ensino libres de armarios”.

“A nosa intención é achegar á mocidade información sobre a transexualidade, un punto cego da educación afectivo sexual que parece seguir a ser tabú”, indicou Felipe Rivas, que engadiu “pretendemos achegar á mocidade información para evitar o rexeitamento ao descoñecido e camiñar de cara a calquera opción afectiva”.

Felipe Rivas indicou que “seguiremos contactando con diversos colectivos para ter, para o vindeiro curso, unha ampla oferta de programación para os centros de ensino que a desexen”.

Felipe Rivas: “queremos eliminar tabús sobre a transexualidade nos centros de ensino”