Felipe Rivas visita a cociña dos comedores escolares

Felipe Rivas
Felipe Rivas

“Quixemos visitar as instalacións e ver o equipamento e os protocolos para evitar incidencias e asegurar a calidade da comida”, indicou Felipe Rivas

A Concelería de Educación inviste 288.000€ anuais neste servizo

Felipe Rivas visita a cociña dos comedores escolares

Lugo, 17 de decembro de 2019. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitou a cociña da empresa concesionaria do servizo de comedores dos nove centros de ensino que xestiona o Concello de Lugo. O servizo, que actualmente utilizan uns 700 nenos e nenas cada día, préstase a través dunha cociña central dende a que se serve a cada centro.

“Quixemos visitar as instalación e ver o equipamento e a aplicación dos protocolos para evitar incidencias e asegurar a calidade da comida”, indicou Felipe Rivas, que engadiu “tamén visitamos as cámaras e as salas de preparación, separadas para cada tipo de alimento para evitar a contaminación cruzada”.

A Concellería de Educación inviste cada ano 288.000€ nos comedores escolares, e o contrato ten validez até o 2021.

Felipe Rivas visita a cociña dos comedores escolares