Felipe Rivas: “a Xunta non ten establecido como aplicar a gratuidade para segundos irmáns nas escolas infantís municipais”

Felipe Rivas xunto a conselleira
Felipe Rivas xunto a conselleira

O concelleiro de Educación visitou a escola infantil do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar xunto coa Alcaldesa de Lugo

Felipe Rivas: “traballaremos para que as familias lucenses se poidan beneficiar da medida anunciada hoxe no caso de que se poña en marcha”

Felipe Rivas: “a Xunta non ten establecido como aplicar a gratuidade para segundos irmáns nas escolas infantís municipais”

Lugo, 13 de xaneiro de 2020. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitou a escola infantil do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, á que hoxe acudiu a Conselleira de Política Social, Fabiola García. A esta visita, acudiu tamén a alcaldesa de Lugo e Felipe Rivas preguntoulle á conselleira polo anuncio lanzado dende o goberno da Xunta en relación á gratuidade deste servizo para todas as nenas e nenos que tiveran irmáns maiores.

“A resposta da conselleira xerou incerteza xa que non existe unha previsión de como vai asumir a Xunta de Galiza esta gratuidade no caso das escolas infantís municipais”, indicou o concelleiro de Educación, que engadiu “a pesar de que este anuncio foi feito polo presidente da Xunta e confirmado pola Conselleira na súa visita a Lugo, quedou claro que o goberno galego non ten preestablecido o método para garantir esta gratuidade”.

Felipe Rivas avanzou que “dende o goberno municipal de Lugo prestaremos atención ao desenvolvemento deste anuncio feito en período claramente preelectoral” e engadiu que “traballaremos para que as familias lucenses se poidan beneficiar desta medida no caso de poñerse en marcha tal e como anunciaron dende o goberno do Partido Popular na Xunta”.

O Concello de Lugo asume parte do mantemento da escola infantil construída pola Fundación Amancio Ortega

O Concello de Lugo inviste anualmente máis de 140.000€ como parte dos gastos de funcionamento desta escola infantil, que é xestionada polo Consorcio Galego de Benestar dentro da rede A Galiña Azul

Felipe Rivas: “a Xunta non ten establecido como aplicar a gratuidade para segundos irmáns nas escolas infantís municipais”