O CONCELLEIRO DE EDUCACIÓN, FELIPE RIVAS, ENVIOU UNHA CARTA AO PRESIDENTE DA XUNTA PARA LEMBRARLLE QUE A XESTIÓN DOS COMEDORES ESCOLARES É UNHA COMPETENCIA PROPIA DA XUNTA DE GALIZA

O Goberno de Lugo solicita á Xunta que asuma a xestión dos comedores escolares

Neste momento, a Xunta de Galiza aporta menos do 7% para un servizo que, no último ano, foi usado por máis de 600 nenos e nenas

O Goberno de Lugo solicita á Xunta que asuma a xestión dos comedores escolares

 

Lugo, 05 de agosto de 2019. O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou que no día de hoxe se asinou o convenio de colaboración do Concello coa Xunta de Galiza para a prestación do servizo de comedor en nove centros escolares de Lugo. Segundo Rivas, “a xestión dos comedores escolares é unha competencia propia da Xunta de Galiza”.

 

Felipe Rivas enviou no día de hoxe unha carta dirixida ao presidente da Xunta solicitando que sexa a propia xunta quen asuma as competencias.  “O Concello de Lugo fai un importante esforzo económico para que as familias lucenses poidan contar con este servizo que facilita enormemente a conciliación familiar”, indicou Rivas.

 

“Dende o Concello de Lugo traballaremos para que sexa a Xunta quen asuma esta competencia que lle é propia”. Segundo o convenio, a Xunta só achega 58.295€ anuais para este servizo, menos do 7% dun custo total de 852.329€. No último ano, máis de 600 nenas e nenos acudiron aos comedores cada día, e as previsións son de que o crecemento continúe.