A MALEZA INVADE ESTA ESCALINATA QUE É UTILIZADA POR CENTOS DE PERSOAS PARA ACCEDER DENDE O CENTRO DA CIDADE E FONTIÑAS ATA O PARQUE DO RÍO RATO

“Se o goberno municipal non actúa, volveremos rozar nós” dixo Rubén Arroxo

O voceiro do BNG no concello de Lugo reclamou a limpeza da escalinata que une Paxariños e Fontiñas coa rúa San Eufrasio e o Paseo do Rato

“Se o goberno municipal non actúa, volveremos rozar nós” dixo Rubén Arroxo

Lugo, 16 de setembro de 2017. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, reclamou do goberno municipal que se actúe para limpar de maleza a escalinata que une a rúa Paxariños e a av. de Fontiñas coa rúa San Eufrasio e o paseo do Rato. Arroxo reclamou a limpeza desta escalinata e sinalou que hai queixas de persoas que transitan por aquí diariamente.

“Se o goberno municipal non actúa, volveremos rozar nós” dixo Rubén Arroxo que lembrou a acción de desbroce promovida polo BNG a pasada semana na unión dos paseos do Miño e o Rato. Arroxo avanzou que “dende o BNG estamos en disposición de volver a montar a nosa brigada de roza e limpeza para demostrar, unha vez máis, a incompetencia do goberno municipal”.