ARROXO APUNTOU QUE “O GOBERNO DEBE TRABALLAR PARA COBRAR O QUE A IGREXA NON PAGA GRAZAS A UN ACORDO DO VATICANO COA DITADURA E TEMOS QUE SABER A CANTOS CARTOS ASCENDE ESTA DÉBEDA CON LUGO”

O goberno municipal segue agraviando á veciñanza e eximindo de impostos a grupos relixiosos

A venta dun inmoble propiedade da Igrexa Católica queda libre de pagar impostos por Decreto do Concello mentres o resto de lucenses teñen que pagar por cada transacción

O goberno municipal segue agraviando á veciñanza e eximindo de impostos a grupos relixiosos

Lugo, 2 de maio 2017. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, informou dunha nova exención de pagamento de impostos á un grupo relixioso no Concello de Lugo. A venta dun inmoble propiedade da Igrexa Católica queda libre de pagar impostos por Decreto do Concello mentres o resto de lucenses teñen que pagar por cada transacción. A congregación Hermanitas de los Ancinaos Desamparados incrementará o seu patrimonio, sen pagar os debidos tributos, tras a venta dun inmoble situado no número 14 da rúa Pintor Tino Grandio.

 

Para o BNG “resulta inadmisible que nestas alturas tanto o PP como o PSOE sigan perpetuando, nos distintos gobernos, estes privilexios que se lle outorgaron ao grupos relixiosos durante o franquismo”. Rubén Arroxo sinalou que “a pesares de que o goberno municipal tería mecanismos para tratar de cobrar estes impagos de impostos, que si se lle aplican ao resto de veciños e veciñas, prefiren asinar os decretos tratando de que ninguén se entere mantendo este agravio que repercute, inxustamente, na merma do patrimonio municipal”.

Estas exencións ampáranse na lei de mecenazgo á que se acollen estes grupos relixiosos para evadirse do pago dos impostos que o resto de lucenses teñen que afrontar cando fan a venta dunha propiedade. Ademais os acordos establecidos entre o estado español e o estado vaticano, no ano 1979, tamén eximen de pagamento do IBI e demais impostos aos edificios adicados ao culto, residencia do clero, semanrios, etc...

Arroxo lembrou que o BNG xa transladou unha petición á mesa de elaboración das ordenanzas fiscais para que se fagan públicos os datos sobre as propiedades da igrexa que non pagan o IBI (Imposto de Bens Inmobles) no termo municipal de Lugo. “Queremos que se saiba todo o que non paga a igrexa ao concello de Lugo polo IBI” dixo Rubén Arroxo e apuntou que “o goberno debe traballar para cobrar o que a igrexa non paga grazas a un acordo do Vaticano coa ditadura e temos que saber a cantos cartos ascende esta débeda con Lugo”.

Para o BNG-AA resulta especialmente grave que a igrexa se ampare na lei de mecenazgo para evitar o pagamento de impostos polos negocios empresariais que posúe e que están en competencia directa con outras iniciativas empresariais que teñen a obriga de tributar. No caso do aparcadoiro do seminario de Lugo a igrexa católica e cristián acóllese a esta lei de mecenazgo para evitar pagarlle ao concello de Lugo o IBI polo negocio de aparcadoiro. No caso do resto dos inmobles é un acordo establecido entre o estado español e o estado vaticano, no ano 1979, o que exime de pagamento aos edificios adicados ao culto, residencia do clero, semanrios, etc...