“AÍNDA QUE PARECE QUE HAI AVANCES PARA A CONSTRUCIÓN DA ROTONDA DE S. EUFRASIO, GRAZAS Á PRESIÓN QUE FIXEMOS, ESTAREMOS VIXIANTES PARA QUE SE EFECTIVICE” ADVERTIU RUBÉN ARROXO

“O goberno non iniciou o estudo sobre o tráfico en Fontiñas ao que se comprometera” lamentou Arroxo

O BNG-AA presentou unha serie de preguntas na comisión de infraestruturas celebrada hoxe para que o goberno aclarase os pasos dados de cara a solucionar os problemas de tráfico en Fontiñas

“O goberno non iniciou o estudo sobre o tráfico en Fontiñas ao que se comprometera” lamentou Arroxo

Lugo, 21 de setembro de 2017. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, deu conta das explicacións ofrecidas polo goberno municipal na Comisión de Infraestruturas celebrada hoxe no concello de Lugo. O BNG-AA presentara unha serie de preguntas para que o goberno aclarase os pasos dados de cara a solucionar os problemas de tráfico en Fontiñas. Arroxo lembrou que o pasado 17 de febreiro deste mesmo ano, e despois das peticións do BNG, o goberno municipal anunciaba nos medios de comunicación que se ían estudar melloras no tráfico en Fontiñas, como puidera ser a adaptación dun segundo carril ou a creación de aparcadoiros en terreos existentes nas zonas máis próximas. “Mais a día de hoxe non se fixo nada de dito estudo” concluiu o voceiro do BNG-AA.

Tamén está pendente nesa avenida a tan demandada rotonda no enlace entre Fontiñas e San Eufrasio, un dos puntos negros en canto a colisións de vehículos que temos na nosa cidade,  Rubén Arroxo solicitou información sobre este tema na comisión e advertiu “Aínda que parece que hai avances para a construción da rotonda de S. Eufrasio, grazas á presión que fixemos, estaremos vixiantes para que se efectivice”.

“O goberno non iniciou o estudo sobre o tráfico en Fontiñas ao que se comprometera” lamentou Arroxo e dixo “é un clásico deste goberno, cando ten que solucionar algún problema, decir que vai facer un estudio pero nos imos ser insistentes para que, con estudo ou sen el, se dea solución ao problema do tráfico en Fontiñas”. Rubén Arroxo avanzou que o BNG-AA manterá a presión sobre o goberno e os contactos con veciñas e veciños a zona para que antes do final deste mandato se faga unha intervención para “desconxestionar unha das zonas máis saturadas de tráfico da cidade”.