“Lamas de Prado segue como estaba e a alcaldesa da paseos mediaticos para coñecer a cidade"

“Lamas de Prado segue como estaba e a alcaldesa da paseos mediaticos para coñecer a cidade"

IMG_0117Rubén Arroxo lembrou que en marzo de 2015 aprobouse por unanimidade unha iniciativa do BNG para realizar Plan de Acción Integral do barrio de Lamas de Prado e Abella

“É lamentable que o PSOE ignore os acordos plenarios e despois vaian facerse fotos descubrindo cales son os problemas que outros levamos anos denunciando” afirmou o voceiro do BNG – Asembleas Abertas

Lugo, 1 de marzo de 2016. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, criticou a actitude da alcaldesa e do seu equipo de goberno “parece que se adican a coñecer a cidade con paseos mediáticos da alcaldesa cando non fixeron nada do  aprobado, por unanimidade, no pleno da corporación sobre este barrio xa fai máis dun ano”. O BNG-AA reclama que se poña en marcha o acordado en sesió plenaria para efectivizar un plan de actuación no barrio de Lamas de Prado.

Rubén Arroxo lemboru que o BNG levou ao pleno municipal de marzo de 2015 unha proposición para “demandar do Goberno municipal a realización e desenvolvemento dun Plan de Acción Integral do barrio de Lamas de Prado e Abella”. Para o BNG “o abandono das rúas, a falta de limpeza, a presenza de barreiras arquitectónicas, etc, poñen en evidencia a falta de atención a unha das zonas con maior número de poboación do concello”. Tratáse dun barrio que acolle a un grande número de residentes con problemáticas sociais específicas derivadas da concentración de vivendas sociais.

“É lamentable que o PSOE ignore os acordos plenarios e despois vaian facerse fotos descubrindo cales son os problemas que outros levamos anos denunciando” afirmou o voceiro do BNG – Asembleas Abertas e lembrou que “o BNG reclamou en múltiples ocasións a realización de programas específicos de atención a esta zona da cidade, que por ser barreira entre a zona urbana e a non urbanizada da zona da Abella ten características s que requiren accións específicas que este concello non desenvolve”. Constantemente foron trasladadas ao BNG queixas dos veciños e veciñas xa que non houbo respostas concretas por parte das distintas concellerías para facerlle fronte ás situacións que se crean no día a día deste barrio da nosa cidade.

Na iniciativa do BNG, aprobada en marzo de 2015, xa recollía a necesidade dun Plan cuadrienal de actuación comunitaria no distrito de Lamas de Prado, dende a Área de Benestar Social, e dirixido por profesionais do Concello en colaboración coa poboación, comunidades de veciños e asociacións  para mellorar a calidade de vida da veciñanza”. Compre tamén un plan de limpeza específico para esta zona da cidade consistente por un lado na eliminación de vertedoiros incontrolados e no incremento da limpeza viaria.

Outra das necesidades salientadas polo BNG era a realización dun plan de mellora viaria que inclúa a rehabilitación integral das beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas e mantemento adecuado de todo o mobiliario urbano. Os nacionalistas reclaman tamén “a posta en marcha dun programa de atención ás zonas verdes do barrio que inclúa a análise do estado do arborado e a aplicación de medidas fitosanitarias adecuadas que permitan o uso do mobiliario urbano e a minimización das molestias aos veciños das vivendas máis próximas a dito arborado.”

Outra das demandas veciñais, que o BNG trasladara ao pleno da corporación, era para reclamar que a Patrulla Verde realice un informe sobre o estado das parcelas (edificadas ou non) que non estean desbrozadas e limpas e comunicación a todos os propietarios afectados da súa obriga de realizar labores de mantemento na súa propiedade.

“Lamas de Prado segue como estaba e a alcaldesa da paseos mediaticos para coñecer a cidade"