“Lugo precisa unha Oficina de Emerxencia Social” afirmou Maite Ferreiro

“Lugo precisa unha Oficina de Emerxencia Social” afirmou Maite Ferreiro

maitePara o BNG – Asembleas Abertas as administracións teñen que adaptarse á situación actual e “a realidade é que os servizos sociais están saturados neste momento”

A edil do BNG “dixo que os casos de emerxencia social non poden agardar por que son situacións de emerxencia real e por eso hai que dar unha solución inmediata”

Lugo, 16 de marzo de 2016. A edil do BNG – Asembleas Abertas, Maite Ferreiro, pediulle ao goberno municipal que artelle os mecanismos precisos para dotar ao concello de Lugo dunha Oficina  de Emerxencia Social que permita atender con “dilixencia e inmediatez” os casos de persoas que teñen que acudir este mecanismo. A edil do BNG “dixo que os casos de emerxencia social non poden agardar por que son situacións de emerxencia real e por eso hai que dar unha solución inmediata”.

Maite Ferreiro lembrou que os servizos sociais do concello de Lugo sufriron, nos últimos anos, un importante deterioro e unha merma considerable dos recursos para afrontar o importante incremento de demandantes. A edil naionalista lembrou que o BNG pediu, en reiteradas ocasións, que se analizasen as necesidades dos servizos sociais e que se dotasen dos medios necesarios para atender as necesidades das persoas máis desfavorecidas.

O obxectivo desta Oficina de Emerxencia Social Municipal sería tramitar as xudas de Emerxencia Social que están, fundamentalmente, dirixidas cubrir os gastos específicos, de carácter ordinario ou extraordinario, necesarios para previr, paliar e evitar situacións de exclusión social. Entre estes gastos, que se poden cubrir a través da emerxencia social, está nos de vivenda ou aloxamento habitual et odas as necesidades primarias.

“Lugo precisa unha Oficina de Emerxencia Social” afirmou Maite Ferreiro