O BNG PROPÓN UN PLAN CONTRA SINIESTRABILIDADE LABORAL PARA GALIZA POR QUE O NOSO PAÍS SUPERA A MEDIA ESTATAL DE ACCIDENTES E MORTANDADE

“Lugo é a segunda provincia con maior siniestrabilidade do estado, dende a Xunta haberá que tomar medidas” Olalla Rodil

A candidata do BNG por Lugo ao Parlamento Galego mantivo unha xuntanza con representantes das plataformas sindicais para presentarlles o programa electoral

“Lugo é a segunda provincia con maior siniestrabilidade do estado, dende a Xunta haberá que tomar medidas” Olalla Rodil

Lugo, 5 de setembro 2016. A candidata do BNG ao Parlamento Galego por Lugo, Olalla Rodil, mantivo unha xuntanza con representantes das forzas sindicais. Esta xuntanza enmarcase dentro da serie de encontros que a candidata nacionalista está a manter con todos os sectores durante a precampaña para coñecer, de primeira man, as problemáticas que afectan aos diferentes colectivos. “Transladámoslles aos sindicatos as nosas alternativas en política laboral e recollemos as súas opinións e propostas” explicou Olalla Rodil.

“o BNG propón un plan contra a siniestrabilidade laboral para Galiza por que o noso país supera a media estatal de accidentes e mortandade”

Rodil anunciou que “o BNG propón un plan contra a siniestrabilidade laboral para Galiza por que o noso país supera a media estatal de accidentes e mortandade”. Lugo é  asegunda provincia do estado español que máis siniestrabilidade padece despois de Huesca. Ademais Galiza duplica a media estatal no indice de incidencia dos accidentes mortais.

Ademais, Olalla Rodil, presentou algunhas das propostas que contempla o BNG no seu programa para incrementar o emprego en Galiza como son a creación dunha Banca Pública Galega e un Instituto Galego de Crédito que permita darlle unha maior fluidez económica ao tecido empresarial.

En canto ao sector ao que máis afecta o desemprego neste momento, que é a mocidade, a candidata do BNG exlicou “temos alternativas e propostas no noso programa para evitar a sangría demográfica que a mocidade teña que continuar marchando do país” para esto “o BNG abrirá un tempo novo no que se implementarán medidas para crear un fondo que permita a remuneración das prácticas e da formación e un Plan Retorna para as persoas que agora mesmo están noutros paises por que non teñen oportunidades na súa terra poidan regresar”.

 

“Lugo é a segunda provincia con maior siniestrabilidade do estado, dende a Xunta haberá que tomar medidas” Olalla Rodil