Maite Ferreiro: “a declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade é un logro que debemos celebrar cada ano”

Os edís do BNG en Lugo na conmemoración
Os edís do BNG en Lugo na conmemoración

A edil de Cultura, xunto co resto de edís da Tenencia de Alcaldía participaron na instalación efémera de luz coa que a área de Cultura celebrou o XX aniversario da declaración

A deseñadora de iluminación Luísa Álvarez realizará unha acción lumínica en distintas portas da Muralla

Maite Ferreiro: “a declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade é un logro que debemos celebrar cada ano”

Lugo, 30 de novembro de 2020. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto co Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo e o resto de concelleiros e concelleiras da Tenencia de Alcaldía na Trampa de Vagalumes, unha instalación efémera de Luz que a área de Cultura ubicou na praza de Santa María esta tarde para poñer o broche final ás distintas instalacións lumínicas instaladas nesta fin de semana en cinco portas da Muralla. “A declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade é un logro que debemos celebrar cada ano”, declarou Maite Ferreiro, que engadiu “este logro vén despois de traballos conxuntos das distintas administracións e da implicación exemplar da veciñanza de Lugo”.

A edil de Cultura destacou que “a situación sanitaria fixo que tiveramos que repensar a celebración desta data para garantir o cumprimento dos protocolos sanitarios vixentes”, e afirmou que “continuamos coa nosa aposta pola cultura segura e de calidade para garantir o acceso de toda a veciñanza a un ben de primeira necesidade”.

No día de hoxe, xunto coa fin das instalacións lumínicas na Muralla, tivo lugar o concerto 20 pezas paraa Muralla, que contou coa participación das corais do Hospital, Solo Voces e Canter Delas, e que tivo lugar ás 20:30 no auditorio municipal Gustavo Freire. O sábado 5, ás 18 e ás 20 horas, a Filharmónica dará dous pases dun mesmo concerto en homenaxe á Muralla. As entradas serán de balde e estarán a disposición do público a partir deste xoves 26 ás 16h en entradaslugo.es ou na oficina de turismo. Cada persoa poderá adquirir un máximo de 2 entradas.

Maite Ferreiro: “a declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade é un logro que debemos celebrar cada ano”