Maite Ferreiro desprázase a Madrid para asistir á feira de turismo Fitur

O Concello de Lugo presentará mañá a campaña Lugo Km 100 e o Arde Lucus

Maite Ferreiro desprázase a Madrid para asistir á feira de turismo Fitur

Lugo, 22 de xaneiro de 2020. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, desprazouse no día de hoxe a Madrid para visitar a Feira Internacional de Turismo FITUR. Durante o día de hoxe, Maite Ferreiro visitará os stands da feira e asistirá á presentación da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo, que dará a coñecer a nova guía turístico-gastronómica da provincia titulada Lugo, moito por descubrir.

Durante a mañá deste xoves terá lugar a presentación do Concello de Lugo, que acode á feira para promocionar dúas campañas: Lugo Km 100, coa que se quere poñer en valor a cidade e os diferentes Camiños de Santiago que discorren polo termo municipal, onde se proxectará o vídeo editado pola área de Turismo para promocionar o Camiño. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto coa concelleira de Xuventude, Ana González Abelleira, presentarán a festa de recreación histórica Arde Lucus.

Maite Ferreiro desprázase a Madrid para asistir á feira de turismo Fitur